Wednesday 08 de May de 2024

Máis de 70 persoas participaron no “Descenso do Ulla en Piragua”, organizado polos Concellos de Boqueixón e Vedra


Máis de setenta persoas participaron hoxe sábado no “Descenso do Ulla en piragua”, unha actividade que organizan conxuntamente os Concellos de Boqueixón e Vedra. Os participantes percorreron o tramo do Ulla que separa Ponteledesma e Agronovo, e contaron coa presenza dos alcaldes de ambos os dous municipios: Ovidio Rodeiro Tato (Boqueixón) e Carlos Martínez Carrillo (Vedra).

Unha iniciativa dirixida a persoas maiores de idade, ou de máis de 13 anos con autorización familiar, cuxo único requisito obrigatorio era saber nadar. A cota de inscrición incluía unha praza en piragua de dúas persoas, chaleco salvavidas e seguro da actividade.